Hoxe, aínda que a gran maioría xa o sabedes, pois as boas noticias logo chegan, informamos que o pasado venres día 18 de outubro, por fin, a Xunta designou a praza do docente de Audición e Linguaxe (AL) e, para mellorar a semana, tamén nos foi aprobado o PROA, co cal, neste curso, conseguimos os recursos necesarios e que nos corresponden por LEI, iso si, despois de máis de un mes de escola.
Todo isto foi a
base de loita, unha loita por un DEREITO
que quixeron arrebatarlle aos nenos, e non sería posible sen a colaboración de
todos e todas os que apoiaches todas as reivindicacións e que, dunha maneira ou
doutra, estiveches cos nenos en todo momento.
Por iso, hoxe e
sempre, desde a ANPA Cabo da Area, queremos DAR AS GRAZAS a todos os que fuches partícipes dalgunha maneira.
A tódolos e tódalas
pais, nais, amigos e veciños que nos acompañaches desde o inicio nas
convocatorias, que alzaches a voz polos nenos, que fixeches ruído xunto con
nós.
A toda persoa da
comunidade educativa e externa que asinou para solicitar o docente de AL, que
xa vos explicamos a moitos a vital importancia del.
Á dirección do centro,
porque sabemos que non foi sinxelo para eles e tamén loitaron por ilo.
Á corporación municipal,
que se posicionou publicamente ao lado das familias e ao resto dos partidos,
dos cales tivemos o seu apoio, a súa preocupación e non deixaron de loitar por
nós.
Temos un especial
agradecemento a Dani Pérez, por levar como levou o noso caso ao Parlamento
Galego, por como loitou polo dereito dos nosos nenos, polas súa verbas que nos
emocionaron.
Por iso, algunhas
desas verbas, deixámosvolas hoxe aquí, para que non se esqueza.
Queremos destacar a importancia de que as autoridades competentes cumpran co seu cometido, que é dotar aos centros educativos dos recursos necesarios e así garantir unha adecuada atención e o progreso de todo o alumnado. Non debería ser obriga das familias protestar e reivindicar, ano tras ano, o dereito dos nosos fillos a unha educación de calidade.
Agardamos que esta
situación serva para que as autoridades tomen conciencia de que a súa xestión
non está sendo axeitada, levando consigo a que máis da metade dos centros da
Costa da Morte se mobilizaran na defensa dunha mellor xestión dos recursos
educativos.
Por iso, hoxe e sempre, grazas.
AL É UN DEREITO, NON UN PRIVILEXIO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario