a) Asistir ás nais, pais e titores en todo o que se refire á educación das súas fillas/fillos.
b) Colaborar nas actividades educativas e escolares do Centro.
c) Promover a participación das nais e pais dos alumnos na xestión do centro.
d) Asistir ás nais e pais dos alumnos no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do Centro.
e) Facilitar a representación das nais e pais de alumnos no Consello Escolar do Centro.
f) Estimular a participación das nais e pais de alumnos na programación xeral da ensinanza a través do órgano colexiado correspondente.
g) Fomentar as relacións de cooperación do Centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do entorno.
h) Promover a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do Centro, así como a efectiva igualdade de dereitos de todo o alumnado sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, etnia ou xénero.
i) Requerir aos poderes públicos o cumprimento das leis, actuación e plans de actuación relativos á educación, acadando a atención e axudas que esta merece.
l) Fomentar a cultura e uso do idioma galego, por ser a cultura e idioma propio de Galicia; promover actividades formativas e de estudio e a educación en valores.
m) Promover reunións de colaboración das nais e pais co profesorado e as boas relacións entrambos.
n) E todos aqueloutros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario