Unha vez
máis (esta é a segunda vez que o ensino esixe de maneira rotunda e unánime a
retirada da contrarreforma educativa) a participación das familias, profesorado e alumnado, nunha mañá de
dioivo que empapou os nosos corpos, baleirou as aulas nos centros de ensino
público na Costa da Morte contra a LOMCE. Unha lei que está ao servizo da exclusión social e da desigualdade.
Con iso
amosamos que as ANPAs da Costa da Morte non imos permanecer caladas unha vez
que a LOMCE xa pasou o trámite parlamentario do Congreso e foi enviada ao Senado. Non debemos esquecer que
a LOMCE pretende expulsar do ensino a
unha boa parte do alumnado (o que teña menos recursos), avanza na confesionalidade
e na privatización do ensino e é unha lei profundamente españolizadora , que
nega o dereito ao ensino en galego, e mesmo pretende rebaixar a calidade
educativa que o alumnado galego está a recibir na actualidade.
Para a federación
de ANPAs da Costa da Morte sabemos que é unha lei que nace cos días contados e
que vai directamente contra o corazón do sistema educativo público. Por iso
afirmamos que o conselleiro e o ministro de Educación son moi merecentes destes
agasallos reivindicativos en forma de mobilización masiva contra a LOMCE. Esa lei da que só
agardamos a súa retirada, por nacer cun diagnóstico de morte inmediata.
Xosé
Antón de la Fuente Subiela,
Presidente
da federación de ANPAs da Costa da Morte
Ningún comentario:
Publicar un comentario